Portada

NA SALA DOS ESPELLOS

STRÖMQUIST Traducción: DAVID Á. ÁLVAREZ MARTÍNEZ
CATRO VENTOS
01 / 2024
9788412742527
Gallego
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

A que responden as escenificacións de Kylie Jenner, a menor das Kardashian, ante ese espello que é o teléfono móbil? Por que milleiros de persoas viven pendentes do seu Instagram? Que pasou neses tres días en que Marilyn Monroe foi fotografada constantemente no hotel Bel Air? Por que a emperatriz austríaca Sissi tiña unha sala dos espellos? Que lle di o espelliño á madrasta de Brancaneves? E por que deberiamos dicir «nai» e non «madrasta»? Mordaz e intelixente, Strömquist reflexiona nesta banda deseñada sobre até que punto a ditadura da imaxe e do espello (en todas as súas formas) minou o modo como nos relacionamos co noso corpo e, en especial, cos corpos das mulleres. Igual ca nÆA froita do coñecemento, Strömquist ofrécenos Na sala dos espellos unha maridaxe perfecta de referentes históricos e da cultura pop co apoio teórico de grandes figuras do pensamento como Susan Sontag ou Byung Chul-Han.

PVP
22,00