Portada

Animais fantásticos

Letria, José Jorge Traducción: Ballesteros, Xosé
KALANDRAKA
06 / 2024
9788413433219
Gallego
Maremar
ESPAÑA
últimos 90 días
Mitología y arqueología

Sinopsis

Un percorrido pola mitoloxía e as crenzas populares en compañía dalgúns dos seus personaxes máis coñecidos. Dende o Centauro ao Lobishome, do Unicornio á Esfinxe, protagonistas dos nosos soños e dos nosos medos que nos acompañan dende o principio dos tempos. Hai animais verdadeiros, reais, e outros fantásticos, marabillosos, nados da imaxinación, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poético das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, e que sentaron as bases da literatura fantástica tal e como a coñecemos hoxe. Nesta galería literaria e visual, José Jorge Letria e André Letria, pai e fillo, presentan unha selección de 19 destes animais máxicos, rescatándoos do esquecemento. Unha viaxe a través da memoria e da imaxinación creadora dos pobos, que lograron concentrar as súas esperanzas, os seus soños e os seus medos en seres fantásticos creados precisamente por ese imaxinario colectivo.

PVP
16,00