Portada

Poemáforos

ELVIRA EDITORIAL
03 / 2026
9791399098594
Castellano
MORAIMA
ESPAÑA
Poesía
última semana

Sinopsis

Segundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, diríase que é coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixadosao antollo do fado, dentro do colo dun gastado libro, un segredo gardado, como o testemuño esquecido nas páxinas do sorbedoiro da vida, as cales abrollan agora de súpeto, cheas de xenio e carácter. Estes Poemáforos son poesía, pero moito máis que un simple axitar da lira. Están cheos de belixerancia e a súa presenza editorial é unha declaración de principios. Sitúanse do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe. Hai neles toda intención política e ideolóxica posíbel. A temática é variada e recorrente no caso da poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, a amizade, a liberdade, o amor, etc. Este Libro roxo dos aforismos, ágape de aforismos moi ferreirianos que o envolve todo, crea ese artefacto de cincuenta e cinco anos de idade -fogar onde viviron esquecidos-, esta arma poética aforística sen contemplacións ao respectábel. Como barrenos nunha noite estrelada e apracíbel.

PVP
22,00