Portada

Ruta Botanica Polo Campus De Lugo

USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
11 / 2012
9788493932879
Gallego
OUTRAS PUBLICACIONS
Literatura

Sinopsis

Esta guía percorre a ruta botánica, ó longo de dous quilómetros por Campus de Lugo. Con ela na man, o noso Campus mostra un aspecto absolutamente diferente. O paseo convértese nun exercicio didáctico, nunha aventura de descubrimentos botánicos para o profano, para o estudoso e mesmo para quen a botánica non garda segredos.O Campus de Lugo ofrece a súa riqueza de especies europeas, americanas e incluso africanas ou de Oceanía, entre as que podemos atopar algunhas híbridas, produto das prácticas de xardinería. Levan tempo aí, agardando a mirada e a clasificación por parte dos expertos e agora, grazas ó esforzo conxunto da USC e a Deputación de Lugo, esas singularidades adquiren protagonismo e, polo tanto, un novo valor. O valor da diferenciación grazas ó coñecemento.Nestas páxinas proponse unha ruta, a máis accesible, pero ó pasear polas máis de 34 hectáreas e media que ocupa o noso Campus decatarémonos de que non é o único recuncho verde por descubrir da provincia. Con máis do 50 % do seu territorio declarado Reserva da Biosfera pola Unesco, en Lugo poderemos imaxinar e inventar novas rutas cada día.

PVP
25,00