Portada

SOÑAN OS ANDROIDES CON OVELLAS ELÈCTRICAS?

Dick, Philip Traducción: Moreiras, Fernando
FAKTORIA K DE LIBROS
06 / 2019
9788416721443
Gallego
NARRATIVA
Narrativa

Sinopsis

A consigna que reiteraban os carteis, os anuncios de televisión
e os correos masivos do goberno dicía:
«Emigración ou dexeneración, ti elixes!».
Rick pensou que era moi certo mentres abría a cancela
do pradiño e se achegaba ao carneiro eléctrico.
«Pero eu non podo emigrar ?dixo para si?. Polo traballo.»
Un mundo cheo de pó radiactivo provocado por unha devastadora guerra nuclear que aniquilou a maioría dos animais e que obrigou a emigrar a boa parte da poboación mundial é o apocalíptico escenario de ?Soñan os androides con ovellas eléctricas??.
Os superviventes cobizan calquera criatura viva e, quen non pode pagar para tela, consegue réplicas de asombroso realismo.
O protagonista desta novela de ciencia ficción é Rick Deckard,
un ex-axente mercenario que se dedica a cazar -ou retirar-
androides renegados. As unidades dun modelo de última xeración, case idénticas aos humanos e que chegaran á Terra fuxindo
dunha colonia espacial onde eran pesimamente tratados,
son o seu novo obxectivo. Pero os Nexo-6 son case imposibles
de distinguir das persoas de carne e óso. Esta dificultade causaralle non poucos problemas e fará que teña que afrontar situacións
que endexamais imaxinara; axiña os coñece, cambia a súa percepción e entende o aprezo que teñen pola vida.

PVP
17,00