Portada

As pedras verdes

XERAIS
10 / 2024
9788411105828
Gallego
INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
ESPAÑA
últimos 30 días
Infantil y juvenil

Sinopsis

Nunha aldea á beira do río Uaupés, na selva amazónica, vive un mozo chamado Caique. Dende hai algún tempo anda na procura da súa nai. O pai elude calquera conversa relacionada co asunto, porén, todas as pescudas do rapaz apuntan a que a nai vive no Reino das Icamiabas, unha tribo composta integramente por mulleres guerreiras que non aceptan a presenza masculina nas súas terras. Comeza así unha viaxe repleta de emocións e aventuras, onde a maxia, o folclore e a realidade se mesturan con marabillosas paisaxes e algún romance secreto. Todo baixo a atenta mirada do exuberante Amazonas, que flúe libremente esparexendo a vida alá por onde pasa. En palabras do xurado que outorgou o XVII Premio Raíña Lupa, esta é «unha novela que conta tamén a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual, na cal a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais».

PVP
13,95