Portada

Manuel Lugrís Freire. Vida e obra

XERAIS
04 / 2006
9788497824316
Gallego
LETRAS GALEGAS
Literatura

Sinopsis

Manuel Lugrís Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu. Os primeiros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de Lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade. Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega. Unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía elaborada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás.

PVP
11,70