Portada

O CLUB DE LECTURA DA FIN DO MUNDO

XERAIS
10 / 2026
9788411108768
Gallego
NARRATIVA
22 / 10 / 2026
ESPAÑA
última semana

Sinopsis

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idade en que dispoñen de capacidades e de tempo para si mesmos, unha urbanización de luxo situada na Costa da Morte pode ser o lugar ideal para explorar unha realidade pola que nunca transitaran. E malia que o pasado resulta ás veces unha carga demasiado pesada, as ansias de conquistar o propio espazo case sempre son máis grandes. Cun estilo coidado e transparente e unha estrutura onde as historias se separan e entrelazan decontino, «O club de lectura da fin do mundo» ofrécenos un microcosmos humano, o retrato dunha xeración que chega á madurez sen manuais de instrucións, negociando a soidade, o desexo e o pasado. Unha novela coral sobre o que significa envellecer hoxe e que prefigura tamén un futuro que está cada vez máis próximo.

PVP
21,50