Portada

O grito do Ipiranga

XERAIS
04 / 2010
9788499141190
Gallego
NARRATIVA
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de Africa. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola policía con motivo da desaparición de Agostinho, o fillo mulato da súa dona, acusado da morte de Cipriano Monteiro, un poderoso facendeiro do Val do Paraíba. Os fíos das vidas de ambos dous veciños das Terras dos Mixtos cruzaranse en Lisboa, despois de pasar por A Valeta e Barcelona, e permitirán desvelar a misteriosa desaparición do mozo e abortar o crime político preparado polo Piquete Brasileiro Antiabolicionista oposto as reformas previstas polo goberno do emperador do Pedro II, presidido por Zacarias de Góis e Vasconcelos. Tras O lume de Santo Antón e Menino morreu, as dúas primeiras novelas protagonizadas por Nemesio Castro, O grito do Ipiranga, demostra a intelixencia e minuciosidade investigadora deste predetective decimonónico para desenredar as máis complexas intrigas e crimes políticos. Sen dúbida, esta é a novela máis lograda e de lectura máis engaiolante dunha serie considerada como a máis orixinal da nosa narrativa policial.

PVP
20,50