Portada

Baixo mínimos

XERAIS
02 / 2013
9788497821674
Gallego
NARRATIVA
204
Literatura clásica

Sinopsis

O detective Horacio Dopico, que esperta pola mañá co recordo da súa ex-muller, recibe o encargo de investigar o asasinato do avogado Adrián Seivane. Aparentemente é un caso resolto, xa que policía detén a varios activistas do GIA (Grupo Independentista Armado) e case ninguén dubida da versión que ofrece a Consellería de Interior, que apunta ás hostilidades militares da banda. Sen embargo, na corrupta cúpula da Consellería non confían nas súas propias mentiras e queren saber algo máis sen que interveñan as forzas de seguridade. Esa é a razón pola que, para solucionar o asunto, acuden a Horacio Dopico, que acepta o traballo porque desde que está divorciado cultiva a conciencia todos os vicios que se lle poñen diante do nariz. "Baixo Mínimos" é unha magnífica novela do xénero negro que abre a porta pola que entra na literatura galega o detective privado Horacio Dopico.

PVP
20,50