Portada

Os precursores da normalización

XERAIS
9788475076478
Gallego
UNIVERSITARIA
Ensayos

Sinopsis

O Rexurdimento, a nosa æ'renacencia'' do século XIX, foi bastante máis ca un movemento literario, ainda que nas letras dese os seus máis logrados froitos: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...Foi un estado de opinión, un estado de conciencia que se manifestou en diversas ramas do coñecemento -a música, a ciencia, o pensamento político, as artes plásticas- e que tivo como principal obxectivo a recuperación social, cultural e política de Galicia, a dignificación e defensa do propio país, asoballado no autoodio e na dependencia.Dende o primeiro momento o idioma encarnou esas preocupacións. Rosalía de Castro era consciente de que escribía na lingua daqueles que nunca lerían os seus versos, porque non sabían ler no que falaban. Eduardo Pondal invita ás mociñas coruñesas a usar decote a fala do país. Curros pona nos labios de Xesucristo...¿Quen eran exactamente os nosos æ'precursores''? ¿Qué proxecto de Galicia tiñan? ¿Qué horizonte vían para o idioma galego? ¿A que prexuízos, eivas ou atrancos se enfrontaban realmente, logo de case catrocentos anos de silencio? Velaquí un dos períodos máis decisivos da nosa historia contemporánea, acaso a primeira chispa na conciencia do que agora somos.

PVP
21,15