Portada

Falar galego: " no veo por qué "

XERAIS
02 / 2003
9788483029398
Gallego
UNIVERSITARIA

Sinopsis

"Falar galego: no veo por qué", o ensaio de Ana Iglesias Alvarez, analiza o discurso espontáneo e privado, ou semiprivado, da maioría silenciosa, os que normalmente non teñen acceso ó discurso público, pois o que busca é a perspectiva dos propios falantes, protagonistas en definitiva do proceso de normativización e normalización das linguas. ¿Por que o meu fillo non fala galego se eu lle falo en galego?, ¿por que sinto o galego como «a miña lingua» e a pesar diso cústame tanto falala?, ¿por que acabo falando castelán sempre que alguén se dirixe a min nesta lingua?, ¿por que me molesta que a xente que toda a vida falou castelán agora empece a falar galego? Este libro quere servir de guía para reflexionar sobre todas estas cuestións, tan importantes para a nosa sociedade. Falar galego: no veo por qué estudia a relación entre os distintos factores que nos levan a utilizar unhas linguas ou outras, descubrindo que non só as actitudes son importantes neste proceso, senón tamén o hábito, o contorno ou o nivel de competencia lingüística. E destácase, desde a perspectiva ideolóxica, a relevancia de distinguir o que afirmamos explicitamente do que queda só insinuado de forma implícita. Así poderemos comprobar que as nosas actitudes non son tan boas como reflicten as enquisas. Este estudio baséase no corpus resultante da realización de nove grupos de discusión, e achégase ás inquedanzas dos galegofalantes e dos castelanfalantes en torno ó tema das linguas, moi especialmente o galego.

PVP
23,00