Portada

Rigorosamente humano

KALANDRAKA
12 / 2015
9788415250890
Gallego
TAMBO
Narrativa

Sinopsis

A voz poética de Manuel Alvarez Torneiro necesita espazo porque arrastra ecos dunha memoria en permanente estado
de alerta. "Rigorosamente humano" ergue, cos cachotes
do tempo, un castelo onde o corazón aprende a facerse forte.
Este poemario é un refuxio de sílabas e de cores, de filmes
e de melodías; desde o efémero, certamente, e contra
o efémero, asemade; canda os beatos de Cluny e Bach
e Leopardi; e tamén con nosoutros todos, os seus lectores agradecidos por tanta alquimia lírica.
Reina nestas páxinas, feramente oceánica e rigorosamente humana, a beleza convocada sempre e máis despois.
A beleza como nación do poema...
A beleza, ese espazo necesario, ese proxecto ou expectativa
de remedio curativo, "ese interior de auga que se pensa na sede", como reza nun dos fermosos poemas deste libro que a colección Tambo rescata na súa versión definitiva agora, 20 anos despois
da súa primeira publicación, tras recibir o Premio Esquío.

PVP
13,00