Portada

A cea

Koch, Herman Traducción: Sáinz Pena, Xosé María
GALAXIA
11 / 2012
9788498654639
Gallego
BIBLIOTECA COMPOSTELA
31
ESPAÑA
Narrativa

Sinopsis

A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Paul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor para o fillo. E para iso está disposto a facer o que faga falla. O seus compañeiros de mesa teñen tamén os seus propios propósitos ocultos. Durante a cea saen a relucir emocións, conflitos latentes entre os irmáns, ata que, por último, chegan ao punto no que teñen que tomar unha decisión transcendental. Herman Koch narra cunha finura e unha agudeza verbal extraordinarias unha historia de amor incondicional, de violencia e de traizón. Os verdadeiros motivos persoais de cada un dos personaxes desvélanse pouco e pouco, polo que o lector se ve obrigado a posicionarse moralmente ao longo da narración. A cea é unha novela provocadora e unha ácida crítica social.Premio Novela Europea Casino de Santiago 2011

PVP
18,70