Portada

SANTA MORTE

GALAXIA
04 / 2019
9788491513223
Gallego
DOMBATE
83
Poesía

Sinopsis

A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que a arte intenta cubrirse cun veo de misterio. Afortunadamente, ese misterio presupón e inclúe a posibilidade necesaria do desvelamento, da lectura, da interpretación.
Nada é completamente enigmático porque a literatura é real, a poesía é unha cousa producida, unha obra. O mundo é algo certo, consistente. Esa consistencia do mundo como algo perecedoiro, mais por iso mesmo real, é a que se amosa en Santa morte. A poesía é a inscrición que documenta esa experiencia temporal; os poemas ármanse con vimbios narrativos. Metáforas que carrexan as sombras e a luz. Ironía, se cadra. Ironía infiltrada de piedade, e, polo tanto, desposuída de cinismo.

PVP
13,95