Portada

Carlos Casares. Un contador de historias

Vida e obra

GALAXIA
02 / 2017
9788491510390
Gallego
LETRAS GALEGAS
ESPAÑA
Biografías

Sinopsis

Cúmprense 15 anos do pasamento de Carlos Casares, autor ao que este ano se lle adica o día das Letras Galegas, e que nos deixou de forma repentina o 9 de marzo de 2002. Imposible non preguntarse cales serían as historias por contar, por sorte, foron moitas as que viron a luz en papel da man da Editorial Galaxia, e nesas buscaremos sempre acubillo e un lugar onde lembralo.
Biografía do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de "Vento ferido" serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

PVP
11,90