Portada

Economía e poesía

Rimas internas

GALAXIA
06 / 2024
9788411762496
Gallego
Ensaio
132
ESPAÑA
Poesía

Sinopsis

Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez da consideración de traballo. A mesma profesionalización que incrementa valor a un músico ou a unha artista plástica pode producir descrédito nunha poeta. E as mans que escriben versos chegan a ser glorificadas no mesmo movemento co que se lles nega unha xusta remuneración. O risco de deixar a arte en mans de quen se pode permitir facela a cambio de nada remata por precipitarse nunha fenda de clase capaz de deixar fóra as voces das precarias, das excluídas, das incómodas. Tras trinta anos de traxectoria e unha carreira internacional, unha das poucas figuras que experimenta o que é vivir deste xénero tira conclusións ao fío do vivido, e abre debate no que é o seu primeiro volume de ensaio. Unha reflexión que tamén convida a unha ollada cómplice dende calquera oficio creativo ou cultural.

PVP
23,00