Portada

UN VENTO QUE PASA

GALAXIA
07 / 2019
9788491513537
Gallego
LITERARIA
393
Literatura

Sinopsis

Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home atado a si mesmo, dun ser atravesado que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación.
Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. Unha esaxeración propia dun vello consentido.

PVP
19,40